Vladimir

Vladimir

Capital da oblast’ homónima, Rusia (340.000 h [1997). Situada na parte central da chaira de Europa Oriental, á beira do río Kl’az’ma, destaca a industria de construcións mecánicas e a química. Foi fundada en 1108 por Vladimir II de Kiev, que quería crear unha cidade fronteira para protexer os seus estados. En 1157 Andrés II Bogol’ubskij fíxoa capital do principado de Vladimir-Suzdal’.