Vladimir-Suzdal’, principado de
Principado ruso que foi a orixe do estado moscovita. Comprendía a rexión do Volga superior e foi unha arteria comercial importante coas cidades de Rostiv, Suzdal’ e Vladimir. No s X establecéronse os campesiños da rexión de Novgorod e de Kiev. Cara a 1125 o herdeiro de Vladimir II de Kiev, Jurij Dolgorukij, fixo do NL do país un importante centro estratéxico en detrimento de Kiev. En 1157 o príncipe Andrés II Bogol’ubskij transformou o principado no estado máis potente de todos os principados rusos que en 1169 someteu a Kiev. A posición de Vladimir-Suzdal’ reforzouse durante o reinado de Vsevolod (1176-1212). A partir do s XIV adquiriron máis importancia as cidades de Tver e Moscova, ata que o principado foi superado polo crecente estado moscovita.