Vladivostok

Vladivostok

Capital do kraj de Primorje, ou do Litoral, Rusia (623.000 h [1997). Porto importante no mar de Xapón e terminal do ferrocarril transiberiano, ten estaleiros, construcións mecánicas e de maquinaria para o tratamento do peixe e para a industria da balea. Fundada en 1860, converteuse en porto militar (1872) pola súa importancia estratéxica. En 1920 os revolucionarios tomaron o poder, pero foron aniquilados pola intervención dos xaponeses, que foron expulsados en 1922.