volframita
volframita
(
s
f
[MINERAL]
olframato de ferro e manganeso, de fórmula (Fe, Mn)WO4, que aparece en cristais de hábito tubular, en formas laminares, columnares e follosas. É negro con raias pardentas e brillo metálico, de dureza 4-4,5 e densidade 7-7,5. É unha mestura da ferberita e da hubnerita e non é soluble en ácidos. Utilízase para extraer tungsteno, para facer fíos de lámpadas e tamén para a industria armamentística. Existen xacementos en Zamora, Salamanca, Toledo, Murcia e nalgunhas provincias de Andalucía. En Galicia o xacemento máis importante pola produción foi o de Fontao (Vila de Cruces).