Volinia

Volinia

Rexión histórica do NO de Ucraína, regada polo Bug e polo Prip’at’ superior. A finais do s X incorporouse ao principado de Kiev, e ao final do XII, unida ao ducado de Galitsia, independizouse. Desde comezos do s XIV, dun xeito progresivo, Lituania estableceu nela o seu dominio coa oposición de Polonia. A disputa resolveuse en 1386, ao se constituír o estado lituano-polaco. As reparticións de Polonia de 1793 e 1795 atribuíronlle a Rusia case toda Volinia. O Tratado de Rīga (1921) dividiuna entre Polonia e a URSS; e en 1939 a Volinia polaca foi ocupada pola URSS, que a anexionou como parte da Ucraína, da que continuou a formar parte logo da independencia deste país (1991). Administrativamente está dividida nas oblasti de Volinia e Žytomyr.