Volksunie

Volksunie

Partido nacionalista flamengo creado en 1954 que propugna un federalismo integral, tanto no referente a unha forma de organización política, como a unha visión económica, social e cultural da sociedade. Propón unha federación das dúas grandes comunidades belgas, a flamenga e a valona, para que cada unha poida ser plenamente soberana.