Vollmöller, Karl

Vollmöller, Karl

Filólogo alemán. Profesor na Universidade de Göttingen, traballou sobre literatura castelá (edición do Poema del Cid, 1879), a francesa (Jean de Mairet, 1888), e a alemá e a inglesa medievais (Kürenberg und die Nibelungen, 1874, e Brut, 1877). En 1881 fundou e dirixiu a revista Romanische Forschungen, e en 1890 o Kritischer Bericht für die Fortschritte der romanischen Philologie.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ilsfeld, Württemberg

  • Deceso

    Lugar : Tölz, Baviera