Volterra

Volterra

Cidade da provincia de Pisa, na Toscana, Italia, situada entre os vales dos ríos Era e Cecina (12.334 h [1991]). Ten industria de alabastro e derivada dos xacementos de sal. De orixe etrusca (Velathri), foi municipio romano. Durante a Idade Media foi condado franco, e pasou despois ao poder da Igrexa ata o s XIV. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas etruscas, coa Porta all’arco, e a catedral (s XII).