vontade

vontade

(< lat voluntāte)

  1. s f
    1. Facultade ou dimensión específica do ser humano que se ve como o fundamento da conduta moral.

    2. Capacidade para facer algo que require un esforzo que vai contra a propia tendencia ou inclinación natural.

  2. s f

    Intención decidida e determinada de facer ou obter algo.

  3. s f

    Aquilo que alguén quere ou desexa.

  4. s f [FILOS]

    Facultade ou dimensión específica do ser humano, á que se refiren (no seu sentido psicolóxico) uns determinados fenómenos psíquicos, que é vista (desde unha perspectiva ética) como o fundamento da conduta moral e da que mesmo se ten feito principio último e absoluto da realidade. Psicoloxicamente, a vontade adoita ser entendida como a integrada por un primeiro momento de reflexión sobre o feito e o obxecto da acción, seguida do momento da elección do camiño ou dos medios concretos, e do da realización final da acción. Tradicionalmente, representa psicoloxicamente o equilibrio entre as forzas instintivas e a razón.

  5. s f [FILOS]

    Libre albedrío.

  6. vontade salvífica universal [RELIX]

    Afirmación teolóxica pola que Deus quere que todos os homes se salven. Significa que todo o que se abre a Deus e aos outros é salvado por Xesús Cristo, independentemente de que  teña ou non unha clara consciencia.

  7. vontade popular [DER]

    Titular primario e natural do poder político, que pode ser exercido por todo o pobo ou delegado nunha ou varias persoas, para o que se precisa que a comunidade delegante outorgue unha especie de contrato de suxeición aos seus elixidos, que recupera o exercicio do poder cando quen goberna se converte en tirano.

  8. autonomía da vontade [DER]

    Principio do dereito privado polo que o suxeito dun acto ten a facultade de determinar libremente o contido e os efectos, con exclusión de calquera forza ou coacción externa; só está limitada pola orde pública, a moral e as leis prohibitivas.

  9. declaración de vontade [DER]

    Expresión formal da intención dunha persoa, que esixe o sentimento dunha parte nun negocio xurídico, e que cómpre que se faga sen coacción, nin por erro, que son os constituíntes do vicio do consentimento.

Frases feitas

  • A vontade. Con liberdade.

  • Boa vontade. Intención de facer ben algo ou de facer cousas boas.

Refráns

  • Non diga ninguén: Non puiden aprender; tanto fai o horne, canto quer facer.
  • Non falte a vontade, que lugar non faltará.
  • O que logo se ernpeza, axiña se acaba.
  • Querer e non querer non está nun ser.
  • Querer é poder.

Palabras veciñas

vomitorio | Vonnegut, Kurt | Vonones I | vontade | voo | VOR | voracidade