vontade
(< lat voluntāte)
-
s
f
-
Facultade ou dimensión específica do ser humano que se ve como o fundamento da conduta moral.
-
Capacidade para facer algo que require un esforzo que vai contra a propia tendencia ou inclinación natural.
-
-
s
f
Intención decidida e determinada de facer ou obter algo.
-
s
f
Aquilo que alguén quere ou desexa.
-
s
f
[FILOS]
Facultade ou dimensión específica do ser humano, á que se refiren (no seu sentido psicolóxico) uns determinados fenómenos psíquicos, que é vista (desde unha perspectiva ética) como o fundamento da conduta moral e da que mesmo se ten feito principio último e absoluto da realidade. Psicoloxicamente, a vontade adoita ser entendida como a integrada por un primeiro momento de reflexión sobre o feito e o obxecto da acción, seguida do momento da elección do camiño ou dos medios concretos, e do da realización final da acción. Tradicionalmente, representa psicoloxicamente o equilibrio entre as forzas instintivas e a razón.
-
s
f
[FILOS]
Libre albedrío.
-
vontade salvífica universal
[RELIX]
Afirmación teolóxica pola que Deus quere que todos os homes se salven. Significa que todo o que se abre a Deus e aos outros é salvado por Xesús Cristo, independentemente de que teña ou non unha clara consciencia.
-
vontade popular
[DER]
Titular primario e natural do poder político, que pode ser exercido por todo o pobo ou delegado nunha ou varias persoas, para o que se precisa que a comunidade delegante outorgue unha especie de contrato de suxeición aos seus elixidos, que recupera o exercicio do poder cando quen goberna se converte en tirano.
-
autonomía da vontade
[DER]
Principio do dereito privado polo que o suxeito dun acto ten a facultade de determinar libremente o contido e os efectos, con exclusión de calquera forza ou coacción externa; só está limitada pola orde pública, a moral e as leis prohibitivas.
-
declaración de vontade
[DER]
Expresión formal da intención dunha persoa, que esixe o sentimento dunha parte nun negocio xurídico, e que cómpre que se faga sen coacción, nin por erro, que son os constituíntes do vicio do consentimento.
Frases feitas
-
A vontade. Con liberdade.
-
Boa vontade. Intención de facer ben algo ou de facer cousas boas.
Refráns
- Non diga ninguén: Non puiden aprender; tanto fai o horne, canto quer facer.
- Non falte a vontade, que lugar non faltará.
- O que logo se ernpeza, axiña se acaba.
- Querer e non querer non está nun ser.
- Querer é poder.