Vossler, Karl
Vossler, Karl
Romanista alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg, Würtzburg e Múnic, reaccionou contra o mecanicismo dos neogramáticos para recalcar o papel do individuo na creación e difusión lingüística (Positivismus un Idealismus in der Sprachwissenschaft, 1901). Tentou aplicar a súa teoría (idealismo) ao francés e estableceu un paralelismo entre os fenómenos culturais e os cambios lingüísticos (Frankreichs Kultur im Spiegel seiner Sprachenwicklung, 1913). Destaca, tamén, o seu labor de hispanista en estudos sobre Lope de Vega ou frei Luis de León.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hohennheim -
Deceso
Lugar : Múnic