Vostell, Wolf

Vostell, Wolf

Artista alemán. Traballou o concepto de decollage e especializouse na realización de happenings como O teatro está na rúa (París 1958). Utilizou numerosas tecnoloxías e, a partir de 1969, estruturas de formigón (Tránsito quedo, Colonia). Fundou Fluxus (1962), Labor (1968) e ADA (1973) e, como teórico e editor, fixo a primeira antoloxía de Happening e Fluxus (1965) e a revista De-coll/age (1962-1969). En 1976 fundou o Museo Vostell Malpartida en Malpartida de Cáceres (Cáceres).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Leverkusen

  • Deceso

    Lugar : Berlín