Vyčegda
Vyčegda
Río de Rusia, na República dos Komis e na oblast’ de Arkhangel’sk, afluente principal do Dvina Setentrional (1.130 km de lonxitude). Nace no extremo meridional da cordilleira de Timan, e os seus principais afluentes son o Sysola, Višera e o Vym’. Pasa polas cidades de Syktyvkar, no curso medio, e Kotlas, antes de desembocar no Dvina.