Vintil, san

Vintil, san

Ermitán. Foi ermitán en Punxín e atribúenselle diversos milagres en vida. En Punxín celébrase unha romaría o primeiro domingo de Pascua e o luns de Quasimodo, o luns seguinte ao de Pascua, celébrase o traslado do seu sartego, realizado por dous bois aos que deixaron andar ata que se pararon no lugar onde se edificou a ermida. Aínda que non está canonizado o seu culto está estendido por Galicia e a súa festividade celébrase o 23 de decembro.