Vitebsk
Vitebsk
Capital da oblast’ homónima, Bielorrusia (358.813 h [1999]). Porto fluvial do Dvina Occidental, ten industria lixeira, metalúrxica, da madeira e construcións mecánicas. Moi destruída durante a Segunda Guerra Mundial, do seu patrimonio destacan a igrexa da Anunciación (s XII) e a casa do concello (s XVIII).