xemación

xemación

(< lat gemmatĭōne)

  1. s f [BIOL]

    Tipo de reprodución asexual, frecuente en protozoos e moitos invertebrados. Nos animais unicelulares consiste nunha división mitótica na que unha das partes forma unha protuberancia na superficie celular que posteriormente se desprende xunto cunha porción de citoplasma e a membrana que o recubre, e dá lugar a un individuo de menor tamaño. Nos animais pluricelulares a xema está formada por un grupo de células que, desprendidas ou non do corpo, forman un novo individuo.

  2. s f [BIOL]

    Proceso de formación de xemas.