Ximena Díaz
Ximena Díaz
Nobre, filla de Diego Fernández, conde de Oviedo e señor de Nava. En 1074 casou con Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, a instancias do seu parente Afonso VI, que pretendía promover a relación entre leoneses e casteláns. Trasladouse co Cid a València (1091) e gobernou a cidade despois da morte do seu esposo (1099-1102). A súa figura aparece, ligada á del, en numerosas obras da literatura castelá.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Castela