Zacarías, san

Zacarías, san

Sacerdote do templo de Xerusalén. Casou con santa Isabel e foi pai de san Xoán Bautista. Quedou mudo ao non crer o anuncio do arcanxo Gabriel de que ían ter un fillo. Morreu por orde de Herodes ao saber este que o seu fillo fuxira da matanza. Represéntase vestido como os sacerdotes xudeus e porta, como atributos, un pequeno botafumeiro, cera e punzón cos que escribiu o nome do fillo. A súa festividade celébrase o 5 de novembro.