Zacarías

Zacarías

Undécimo dos profetas menores, autor da primeira parte do Libro de Zacarías (capítulos 1-8), onde constan diversos oráculos e oito visións referentes á protección de Iahvé sobre o pobo rescatado da deportación a Babilonia e a restauración do templo. A súa festividade celébrase o 6 de setembro.