Zagreb

Zagreb

Capital do condado homónimo e de Croacia (770.058 h [2001]). Está situada na ribeira esquerda do Sava, ao pé dos últimos contrafortes do Medvednica. Principal centro urbano e económico do estado, ten unha industria moi diversificada. O núcleo antigo, situado sobre dous outeiros, está formado polo Gric, o antigo barrio da nobreza, e o Kaptol, o antigo barrio eclesiástico, onde está a catedral de Santo Estevo (s XIII). Fundada no s XI, como cidade eclesiástica, con sé episcopal, no s XII desenvolveuse como cidade libre de comerciantes e artesáns. Bela IV de Hungría e de Croacia (1242) nomeouna cidade real. Foi capital de Croacia-Eslovenia, provincia autónoma do Reino de Hungría (1867), en 1941 foi do Reino de Croacia, en 1945 da República Federal de Croacia, en Iugoslavia e, desde 1991, do estado independente de Croacia.