Zambeze

Zambeze

Río da África meridional (2.260 km de lonxitude e 1.450.000 km2 de conca). Nace nos montes Kalene, na rexión de Shaba (República Democrática do Congo) moi preto da fronteira con Angola e con Zambia, atravesa a parte oriental de Zambia, xira cara ao L e forma as cataratas Vitoria, que constitúen a fronteira de Zambia con Zimbabwe. Despois de recibir o Shangani, toma dirección NL, penetra no territorio de Moçambique, atravesa o val de Tete e, despois de xirar cara ao SL e de recibir as augas do Shire, ramifícase nun gran delta e desemboca no canal de Moçambique, no Océano Índico.