Zambrano, María
Zambrano, María
Escritora. Formada con Ortega y Gasset e Javier Zubiri na Universidad Central de Madrid, durante a Segunda República trabou amizade con L.Cernuda, R. Dieste, M. Hernández ou C. Xosé Cela a través de diversas iniciativas culturais, como as Misións Pedagóxicas. Tras a Guerra Civil Española residiu en París, Nova York e La Habana. Profesora en diversas universidades americanas, co tempo trasladouse a Europa e residiu en Roma. Publicou, entre outros, De la aurora (1986), Filosofía y poesía (1987) e Delirio y destino (1989). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (1981) e o Premio Cervantes (1988), e foi nomeada doutora honoris causa pola Universidad de Málaga (1982).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vélez, Málaga -
Deceso
Lugar : Madrid