zapata
(< zapato)
-
s
f
[CONSTR/ENX]
Alicerce sobre o que se asenta un elemento construtivo. Denomínase zapata illada cando recibe a carga dun só piar e continua cando está disposta lonxitudinalmente recibindo as cargas dunha sucesión de piares individuais ou dunha estrutura lineal.
-
s
f
[CONSTR]
Pedra interior da soleira da porta.
-
s
f
[CONSTR]
Peza horizontal posta enriba dun pé dereito ou dunha columna que soporta unha trabe ou outro elemento horizontal.
-
s
f
[TECNOL/AUTOM]
-
Peza que ao ser aplicada con forza sobre un móbil reduce a súa velocidade ata frealo.
-
Peza do freo, xeralmente metálica e revestida cun material de alto coeficiente de frición, que actúa sobre un vehículo (freo de carro e de ferrocarril) ou sobre a superficie interior ou exterior dun tambor metálico (freo de tambor dun automóbil ou dunha máquina), reducindo a súa velocidade ata frealo.
-
-
s
f
[MAR]
-
Peza de madeira fixada á roda de proa dunha embarcación que serve de reforzo.
-
Poste de madeira dura que se fixa á quilla dalgunhas embarcacións de madeira, pola súa parte inferior e en toda a súa lonxitude, para reforzala e protexela nas botaduras e nas entradas ao dique.
-
Anaco de madeira que se pon entre a áncora e o casco dunha embarcación para evitar que se estraguen as táboas do forro cando esta está pendurada.
-
-
s
f
Peza de madeira do freo do carro colocada na parte curva sobre a camba da roda que serve para freala e impedirlle que vire.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe cartilaxinoso de ata 90 cm de lonxitude co corpo alongado, fociño comprimido e estreito, sucos labiais moderadamente longos e fendeduras branquiais moi pequenas. Amosa aletas pélvicas pequenas e angulares, no bordo superior da aleta caudal unha serie de pequenas espiñas en dente de serra e pel de cor castaña con grandes manchas escuras. Aliméntase de crustáceos, cefalópodos e pequenos peixes mesopeláxicos. Vive en zonas profundas sobre fondos de lama.