Zapata, Emiliano
Revolucionario mexicano. Organizou unha partida de guerrilleiros (1909), uniuse á revolta maderista e ocupou a cidade de Cuautla. Despois dos Acordos de Ciudad Juárez (1911) rexeitou seguir o presidente Francisco León de la Barra e tampouco recoñeceu a presidencia de Francisco Ignacio Madero. Como alternativa proclamou o Proxecto de Ayala (1911), que propoñía un conxunto de medidas agrarias radicais. O asasinato de Madero e a guerra civil permitiron o rebrote do agrarismo en Morelos, baixo a súa dirección (1914), e a alianza con Pancho Villa. Creada a Soberana Convención Revolucionaria, ambos os dous ocuparon a cidade de México, pero en setembro de 1914 romperon a súa alianza e as forzas de Carranza illárono en Morelos. Instarou entón un réxime revolucionario no estado, onde repartiu as terras dos propietarios e aplicou a reforma agraria. En 1919 o coronel Jesús Guajardo finxiu ser un seguidor seu e atraeuno a unha trampa, onde foi asasinado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : San Miguel Anenecuilco, Morelos -
Deceso
Lugar : Chinameca, Morelos