zarzaparrilla

zarzaparrilla

(

  1. s f [PLANTA]

    Planta gabeadora, de ata 40 m de altura, con follas grandes, cordiformes e con espiñas, ao igual que o talo; flores brancas, unisexuais, dispostas en acios e froito carnoso, de tipo baia, de cor vermella ou negra. Florece entre setembro e novembro. Localízase en bosques secos mediterráneos temperados, ata os 1.200 m de altitude. Distribúese por América Central e do Sur e o S de Europa. Entre as súas propiedades está a de favorecer a eliminación da urea e reducir os niveis de colesterol no sangue, polo que está indicada contra a reuma, artrite, gota, gripe, afeccións renais, acné e sífilis, e como complemento, polo seu efecto depurativo do sangue. SIN: silvamar.

  2. s f [ALIM]
    1. Decocción das raíces da planta da zarzaparrilla rica en saponinas. SIN: silvamar.

      Sinónimos: silvamar.
    2. Aroma preparado con óleos de sasafrás e dun bidueiro non alcohólico. SIN: silvamar.

      Sinónimos: silvamar.

Palabras veciñas

zarzallar | 1 zarzallo | 2 zarzallo -lla | zarzaparrilla | Zarzo | zarzuela | Zas