zarzuela

zarzuela

(< cast zarzuela)

s f [MÚS]

Obra teatral orixinaria de España, formada por partes declamadas e partes cantadas, de maneira similar á opéra-comique francesa ou ao singspiel alemán. De orixe incerta, non apareceu ata o s XVII, en que recibiu este nome ao ser representada nun lugar de esparexemento real (La Zarzuela). Algunhas das primeiras zarzuelas realizáronse con textos de Calderón de la Barca e música de Juan Hidalgo. Substituída pola tonadilla cara a 1770, foi restaurada por Barbieri, Gaztambide, Oudrid, Arrieta e outros compositores influídos pola ópera italiana, pero que axiña se decantaron polo folclorismo. Ao mesmo tempo separouse a zarzuela grande do máis breve e superficial xénero “chico”, próximo á opereta. Entre os seus autores cómpre destacar a Sorozábal, Chueca, Quiroga, Guridi, T. Bretón, Alonso, Moreno Torroba e Usandizaga.

Palabras veciñas

2 zarzallo -lla | zarzaparrilla | Zarzo | zarzuela | Zas | Zas | Zas