Zenobia

Zenobia

Raíña de Palmira (267?-272), filla de Antíoco. Casou co Rei Odainath e ao morrer este, actuou como rexente durante a minoría do seu fillo Wahballat. A súa política exterior foi eminentemente expansionista, o que lle valeu o control de Siria. Derrotada polo Emperador Aureliano (272), salvou a súa vida acusando os seus conselleiros.