Zenón

Zenón

  (Elea 490? a C - 430 a C) Filósofo grego. Discípulo de Parménides e, segundo Aristóteles, creador da dialéctica, a súa achega fundamental consistiu na crítica das opinións dos adversarios da ontoloxía parmenidiana. Dos chamados argumentos ou aporías de Zenón, dirixidos contra a multiplicidade das cousas, para afirmar a unidade do ser, ou contra o movemento, para defender a inmobilidade do ser, Aristóteles tiña conservados catro (do segundo tipo), o máis coñecido dos cales é o de Aquiles e a tartaruga.