Zimmerman, Robert Allen

Zimmerman, Robert Allen

Cantautor estadounidense. Coñecido como Bob Dylan, é un dos cantantes que máis influíron na música moderna. A súa produción discográfica deu orixe á denominada pop-music, aínda que co tempo se inclinou polo rock-folk e pola súa participación nos movementos de dereitos civís. Dos seus traballos cómpre destacar Bringing it all Back Home (1965), Highway 61 Revisited (1965) e Blonde on Blonde (1966), que influíron no movemento beat; ademais de Nashville Skyline (1969), en que incorporou elementos da música country; Blood on the Tracks (1975), Time Out of Mind (1997) e Love and Theft (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Duluth, Minnesota