Zoraida
Zoraida
[ONOM]
Antropónimo feminino que provén do árabe, diminutivo de zarádat ‘argola’, probablemente co valor metafórico de ‘suxeición’, ‘muller cativadora’. Para outros autores trátase da raíz árabe do verbo zarada ‘escoller, elixir’, cun derivado *zuraidâ que parece un diminutivo, de aí ‘a mellor, a escollida’.