zoráptero -ra
zoráptero -ra
-
adx
Relativo ou pertencente aos zorápteros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos zorápteros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Orde de insectos pterigotos de pequeno tamaño (uns 2 mm de longo) co corpo alongado, aparato bucal mastigador, antenas de 9 artellos, dúas parellas de ás membranosas de poucas nervaduras ou ápteras, tarsos con 2 artellos e cercos curtos dun artello. Presentan dimorfismo sexual, podendo ter unha forma áptera ambos os dous sexos. A forma predominante é pouco pigmentada e sen ollos nin ocelos, e a outra alada, pigmentada e con ollos e ocelos. Viven baixo as cortizas e no humus.