Zorrilla Moral, José
Zorrilla Moral, José
Poeta e dramaturgo. Foi unha das figuras máis destacadas do romanticismo medievalizante e lendario. Da súa poesía, con predilección polos motivos históricos e lendarios, destacan algunhas composicións líricas pero, sobre todo, as lendas, dunha gran forza descritiva e dun gran dramatismo como Cantos del trovador (1840-1841). En teatro, debe a fama ao drama Don Juan Tenorio (1844), aínda que tamén escribiu outras obras como El zapatero y el rey (1840) e Traidor, inconfeso y mártir (1849). En prosa escribiu as súas memorias Recuerdos del tiempo viejo (1880-1883). Foi nomeado cronista de Valladolid (1884) e coroado como poeta nacional en Granada (1889).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valladolid -
Deceso
Lugar : Madrid