Zworykin, Vladimir Kosma

Zworykin, Vladimir Kosma

Físico e enxeñeiro ruso. Estudou física no Instituto de Tecnoloxía de San Petersburgo e no Collège de France. En 1919 emigrou a EE UU, onde se nacionalizou en 1924. Experimentou con B. Rosing, e despois con P. Langevin, os raios catódicos e os raios X. Deu a coñecer o iconoscopio, que contribuíu ao desenvolvemento da televisión, o cinescopio e innovou o microscopio electrónico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Murom

  • Deceso

    Lugar : Princeton