festival
(< ingl festival)
-
-
s
m
Conxunto de actuacións ou manifestacións dedicadas a un artista ou a unha arte.
-
festival de cine
[IMAX]
Manifestación cinematográfica que presenta periodicamente unha selección das consideradas mellores películas inéditas de diversos países a un público especializado. Os festivais cinematográficos máis prestixiosos son a Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica di Venezia (fundada en 1932), o Festival Internacional de Cine de Cannes (fundado en 1946), o Internationale Filmfestspiele Berlin (fundado en 1951), e o Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián (fundado en 1954). Noutra escala inferior destacan o Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Sitges, o Festival de Cine de Ourense ou as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia que se celebran anualmente no Carballiño.
-
festival de música
[MÚS]
Conxunto de actos ou espectáculos musicais. O primeiro país en celebralo foi Inglaterra, co Three Choirs Festival, fundado en 1715. Os festivais Händel de Londres (1784-1787 e 1791) foron os primeiros dedicados a un compositor. No s XIX estendéronse por Europa, dentro dos que destaca o de Bayreuth, dedicado a R. Wagner. O incremento do turismo, sobre todo dende 1945, fixo que moitas cidades os organizasen, como Múnic, Florencia ou Edimburgo.
-
festival de teatro
[ESPECT]
Evento teatral anual que ten como finalidade a promoción e difusión do teatro. As orixes atópanse en Grecia, cando a cidade celebraba as festas relixiosas na honra de Dióniso, se representaban comedias e traxedias, e se realizaban concursos de coros, nos que participaban as tribos da cidade. Entre os festivais máis coñecidos en Europa figuran os de Aviñón e Edimburgo, e na Península Ibérica destacan os de Tárrega, especializado no teatro de rúa; Almagro, para teatro clásico; Sitges, cunha orientación experimental e vangardista; o Festival Iberoamericano de Cádiz, o Festival de Otoño de Madrid ou o Grec de Barcelona, que presentan traballos destacados en diferentes continentes. En Galicia houbo festivais pioneiros como a Mostra de Ribadavia ou as Jornadas de Teatro de Vigo, que tiveron continuidade no Festival de Ribadavia, na Mostra de Teatro Galego-Portugués de Cariño, na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós de Ferrol Terra. A estas iniciativas fóronse sumando novas convocatorias como as de Carballiño, Cee, Carballo, Viana do Castelo, amais doutras máis específicas relacionadas co teatro universitario que teñen lugar en Ourense, Vigo, A Coruña e Santiago ou co teatro de bonecos e monicreques como o Festival Internacional de Títeres, celebrado primeiro en Vigo e despois en Redondela.
-
s
m
-
s
m
Festa con diversas actuacións, especialmente musicais.
Ex: Mañá vou ó festival do teu colexio.
-
s
m
Actuación destacable de alguén, especialmente dun artista ou deportista.
Ex: Aquel partido foi un festival de goles.