festino

festino

(< lat festinu)

s m [FILOS]

Termo nemotécnico utilizado polos escolásticos para designar un siloxismo da segunda figura, na que a maior é universal negativa (e), a menor, particular afirmativa (i) e a conclusión particular e negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo ferio da primeira figura, e o s que a redución se fai pola conversión simple da maior.

Palabras veciñas

festexo | festín | Festinger, Leon | festino | festival | Festival, El | festividade