festino
festino
(< lat festinu)
s
m
[FILOS]
Termo nemotécnico utilizado polos escolásticos para designar un siloxismo da segunda figura, na que a maior é universal negativa (e), a menor, particular afirmativa (i) e a conclusión particular e negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo ferio da primeira figura, e o s que a redución se fai pola conversión simple da maior.