FETE Informa
Boletín sindicalista e órgano de FETE-UGT-Galicia dende 1983. Mantivo unha periodicidade máis ou menos mensual ata 1990 e proseguiu dun xeito máis irregular ata 1998. Cunha orientación informativa e profesional (oposicións, concursos, actividades de Escola Viva, etc), centrouse nos procesos de negociacións, dende a reivindicación da homologación retributiva dos funcionarios docentes, as condicións de traballo, os cadros de persoal, a estruturación dos corpos, a reforma da Función Pública, ata o sistema de selección do persoal docente e non docente interino, a necesidade dunha reforma educativa ou a participación do profesorado na súa propia formación. As mobilizacións e as convocatorias de folga tamén tiveron un destacado seguimento. Na actualidade emprégase para informacións sectoriais ou puntuais, xa que foi substituído como órgano periódico pola revista Profesionais.