Feuillants, Club des
Feuillants, Club des
Sociedade francesa da época da Revolución formada pola á moderada do club dos xacobinos, que tomou o seu nome do convento dos feuillants (orde cisterciense orixinaria da abadía de Feuillant, Gascoña), onde tiñan a súa sede. Defenderon a Constitución de 1791 e a monarquía.