Fexdega, Fundación
Fexdega, Fundación
Fundación constituída en 1993 e integrada pola Xunta de Galicia, o concello de Vilagarcía de Arousa, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. Entre os seus obxectivos destaca a organización de Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia (FEXDEGA). O seu padroado está formado por un presidente, cargo que ocupa o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, tres vicepresidentes, que representan respectivamente o director xeral de Comercio, o concello de Vilagarcía e a Cámara de Comercio de Vilagarcía; e cinco vocais que se reparten entre o concello de Vilagarcía, a Cámara de Comercio de Vilagarcía e a dirección xeral de Comercio.