2 fiada

2 fiada

(< fío)

  1. s f

    Formación en liña.

  2. [CONSTR]
    1. s f

      Serie horizontal de perpiaños, ladrillos ou lousas dispostos nun muro ou nunha bóveda.

    2. fiada a soga

      Fiada que presentan os perpiaños amosando as súas caras maiores ou lonxitudinais.

    3. fiada a tizón

      Fiada que presenta os perpiaños amosando as súas caras menores ou transversais.

    4. fiada de beiral

      Fiada de tellas máis baixas dunha coberta.

    5. fiada de carga

      Fiada disposta nun beiril para contrarrestar a tendencia á volta.

    6. fiada voada

      Fiada que sobresae do muro e que serve para marcar a división de pisos dun edificio.

Palabras veciñas

fiable | fiacre* | 1 fiada | 2 fiada | fiadeira | fiadeiro | 1 fiado -da