fiadeira
(< 1 fiar)
-
s
f
[ETN]
Muller que fía. Tradicionalmente adoita traballar na súa casa para outra xente, que lle trae xa o liño asedado e a la cardada, indicándolle o grosor do fío. Algunhas realizan esta tarefa no seu tempo libre e, ás veces, non empregan o fuso e a roca, senón a máquina, aínda que son as menos, tanto pola dificultade do manexo como pola ruindade do fío. Na tradición oral recóllense ditos como: “Muller fiadeira fai boa casadeira. Polo san Bartolo a boa fiadeira comeza a súa tea; a máis lixeira pola Madalena.
Sinónimos: fiandeira. -
s
f
[MIT]
Moura que manexa os fíos da vida das persoas. Nos relatos de tradición popular, tamén recibe o nome de vella, bruxa ou meiga. Toda persoa que tropeza con ela corre o risco de estar en perigo. Destacan pola súa forza e as súas aparicións adoitan darse en lugares de paso como as pontes.
Sinónimos: fiandeira.