fiaño

fiaño

(< 1 fiar)

  1. s m

    Anaco de fío que está pegado a unha tea ou que se desprende dela.

    Ex: Como é costureira sempre anda coa roupa toda chea de fiaños.

  2. s m

    Fibra dunha tea que se desfai.

    Ex: Tirei o vestido porque as costuras xa tiñan fiaños.

  3. s m

    Corrente pouco abundante dun líquido.

    Ex: Caíalle un fiaño de sangue da comisura da boca.

    1. s m

      Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘traxe’.

    2. s m

      Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pano’.

    3. fiaño dos xambros

      Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘calcetín’.

Palabras veciñas

fiandeira | fiandón | Fianna Fáil | fiaño | Fiaño | Fiaños | fianza