fianza

fianza

(< 2 fiar)

  1. s f

    Acción de fiar ou fiarse.

  2. [DER]
    1. s f

      Garantía que se dá para asegurar o cumprimento dunha obriga.

      Confrontacións: peñor.
    2. s f

      Obriga subsidiaria contraída para asegurar o cumprimento dunha obriga principal, pola que un terceiro, diferente do debedor, se compromete a cumprila, en caso de que este non o fixese.

    3. fianza carceraria

      Fianza que se dá para asegurar que alguén, xa liberado, se presentará sempre que llo demanden.

    4. fianza de estar en dereito

      Fianza que daba un terceiro respondendo de que o demandante se presentase perante o xuíz sempre que este llo demandase.

    5. fianza do rostro

      Fianza que responde do reo en todo o que se refire ás obrigas reais e persoais.

Palabras veciñas

fiaño | Fiaño | Fiaños | fianza | FIAP | 1 fiar | 2 fiar