FIBA

FIBA
Nome científico: [Federación Internacional de Baloncesto; fr: Fédération Internationale de Basketball]

Organización deportiva internacional fundada en Xenebra o 18 de xuño de 1932 que integra as federacións nacionais de baloncesto. Dos 8 países fundadores (Arxentina, Checoslovaquia, Grecia, Italia, Letonia, Portugal, Romanía e Suíza) pasou a 208 membros en 2002. A súa primeira sede estableceuse en Roma, aínda que, por mor da Segunda Guerra Mundial, en 1940 trasladouse a Berna. En 1956 instalouse en Múnic. En 1936 a FIBA conseguiu a incorporación do baloncesto ao programa dos Xogos Olímpicos de Berlín. En outubro de 1950 celebrouse o primeiro campionato mundial masculino, en Bos Aires, e o primeiro mundial feminino organizouse en marzo de 1953 en Santiago de Chile.