FIAT

FIAT
Nome científico: [ital: Fabbrica Italiana Automobili Torino]

Empresa dedicada á construción automobilística e mecánica, con sede en Turín, constituída en 1899 por Giovanni Agnelli. Desde 1904 iniciou a construción de vehículos industriais e militares e en 1913 creou a súa primeira cadea de montaxe. Trala Segunda Guerra Mundial produciu ademais material ferroviario, aeronaútico e nuclear, e desde os anos setenta diversificouse novamente para introducirse en sectores alleos ao automobilismo, como os das telecomunicacións, os compoñentes electrónicos e o armamento.

Palabras veciñas

1 fiar | 2 fiar | Fiasella, Domenico | FIAT | fiato* | fiaxe | FIBA