fibroadenoma

fibroadenoma

(< fibro- + adenoma)

s m [PAT]

Tumor benigno que contén tanto elementos fibrosos como glandulares. Un dos máis frecuentes é o que aparece nas glándulas mamarias a miúdo antes dos trinta anos; clinicamente maniféstase como un nódulo móbil no peito que adoita aumentar de tamaño en fases tardías do ciclo menstrual ou durante a xestación.

Palabras veciñas

fibrinoxenopenia | fibrinuria | fibro- | fibroadenoma | fibroblasto | fibrocemento | fibrocito