fibrocemento
fibrocemento
(< fibro- + cemento)
s
m
[CONSTR/QUÍM]
Material para a construción constituído por unha mestura de cemento pórtland e fibras de amianto, dunha elevada resistencia mecánica, non inflamable e moi resistente á acción dos axentes atmosféricos. Pódese empregar, por exemplo, en forma de tubos, de pranchas onduladas ou de grandes recipientes.