Fick, August Konrad Friedrich

Fick, August Konrad Friedrich

Lingüista. Estudiou filoloxía e teoloxía na Universidade de Göttingen, onde estudiou con G. Wait, K. F. Hermann e T. Benfey, entre outros. Foi profesor do Gymnasium de Göttinger (1858), da Universidade de Göttinger (1876) e da Universidade de Breslau (1888). Por razóns de saúde, foi escusado das súas obrigas en 1891. Estudiou as linguas indoeuropeas e foi un dos grandes etimoloxistas das linguas comparadas, ademais de contribuír ao auxe da codificación positivista do coñecemento lingüístico, que caracterizou o período dos neogramáticos. Cómpre destacar as súas obras Vergleichendes Wöterbuch der indogermanischen Sprachen [...] (1870-1871), Die ehemalige Spracheinheit der Indogermanen Europas. Eine sprachgeschichtliche Untersuchung (1873) e Die homerische Odyssee, in ihrer ursprünglichen Sprachform wiederhergestellt (1883).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Petershagen

  • Deceso

    Lugar : Hildesheim