ficoloxía

ficoloxía

(< fico- + -loxía)

s f [BOT]

Parte da botánica que estudia as algas. O estudo das algas divídese en tres especialidades diferentes, o das algas continentais, tanto de auga doce como salobre, o das algas mariñas macroscópicas e o do fitoplancto mariño. O estudo das algas mariñas macroscópicas arranca da obra do francés J. Lamoroux e, sobre todo, da do sueco K. A. Agardh. O estudo do plancto mariño parte da obra de Ch. G. Ehrenberg. O das algas de auga doce comeza coa obra de J. P. E. Vaucher e de J. B. Bory de Saint-Vicent, e chegou á madurez coa obra de F. T. Kützing. As bases da taxonomía moderna expuxéronas G. L. Rabenhorst e, sobre todo, A. Pascher.

Palabras veciñas

ficoeritrina | ficoide | ficólogo -ga | ficoloxía | ficolóxico -ca | ficomiceto | ficoteca