fidalgo -ga
fidalgo -ga
(< gal medieval fillo d’algo)
-
adx
Relativo ou pertencente aos fidalgos ou á fidalguía.
-
adx e s
Que ou quen é nobre, xentil ou xeneroso.
Ex: Foi moi fidalgo no trato con eses estranxeiros. Adoita ser un fidalgo cando está con mozas.
-
s
[HIST]
Persoa nobre, nos reinos de Castela e León, que tiña o dereito a ser armado cabaleiro. Estaba exento das cargas reais, municipais e de quintos e tiña a obriga de servir o rei coas súas armas e o seu cabalo.
-
s
[HIST]
Persoa que pertence ao grupo social que vive das rendas das propiedades agrarias.